sábado, 18 de maio de 2013

CARTA A UN ALGUÉN

Tiñamos que escribir unha carta a alguén para lle comunicar que estabamos sentenciad@s a morte, de seguro que o carceiro lla faría chegar. Esta é a miña carta.


Esta tarde vouche dedicar as miñas derradeiras palabras.
Esas que non van quedar agochadas polo silenzo, xa que ninguén poderá calalas.
Puideches comigo. Finalmente abríchesme a porta do infinito, da verdadeira vida, daquela que vou vivir agora. A que me correspondía e non me deixaches vivir.
Condenáchesme a morte e conseguíchelo!
Aquí estou. Á espera.
Vas vir de seguido procurarme e todo vai rematar.
Non me arrepinto de terte amado, de terte odiado, de terte sentido.
Non me arrepinto de nada, porque agora chegou a hora da miña vinganza.
Xa morta, non che queda nada.
Esa é a miña vinganza... e a miña salvación.

Ningún comentario: